Boletín MOVENEDA - Número 1 - Xaneiro 2016
- Manipulacion
- Percepcions dos cargos electos
- As marquesiñas
- Por qué MOVENEDA está na oposición?
- A auditoría de contas
- EMPEZAR A CASA POLO TELLADO: A ESCOLA INFANTIL DE NEDA
Actividade do grupo municipal MOVENEDA
Neste apartado describimos as actuacións mais destables del Grupo Municipal MOVENEDA no seu traballo
no concello co propósito de que coñezades as nosas iniciativas e tamén de que propoñades novas.
- MOCION para solicitar a Reducción de custos pagados a corporación do goberno
A coñecida con Base 56 trata das bases que regulan as remuneracións do alcalde e concelleiros. MOVENEDA propuxo baixala para que non supuxera tanta carga ó concello además de facela máis xusta.
- MOCION para a Substitución das marquesiñas antes do periodo escolar
Sí, ledes ben, antes do periodo escolar. Esta foi unha das primeiras mocións presentadas por MOVENEDA e aínda que aceptada polo tripartito actual (PSOE-BNG-CG) aínda hoxe os rapaces e as rapazas de NEDA móllanse esperando o autobús para o instituto.
- MOCION apoiando a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para evitar a pobreza enerxética
Iniciativa promovida pola CIG en outros moitos concellos. En MOVENEDA creimos importante apoiala e, en vista de que o BNG non o facía incorporámola nós no pleno.
- MOCIÓN para a supresión de barreiras arquitectónicas
O concello está cheo de atrancos na accesibilidade ao longo das ruas e edificios públicos do concello. Solicitamos que se eliminen.
- MOCIÓN da erradicación da vespa velutina
A vespa velutina é unha especie invasora e cremos que é necesario un plan de erradicación da mesma no concello
- EMENDAS a Reducción do IBI (Contribución)
Na nosa opinión a reducción do IBI non estaba a ter en conta a situación das familias que nalguns casos pagan con dificultade este imposto e a baixada proposta non era suficiente. Solicitamos que aplicaran esas reduccións actualmente en estudo.
- Apoiamos ós VECIÑOS na solicitude de varios puntos de luz
Nas nosas labores como movemento vecinal está a de trasmitir as necesidades dos veciños ó concello. Pedimos varios puntos de luz para diferentes puntos do concello a demanda dalguns veciños